III Seminario Científico RISCAR

Tipo de Reunión: 
Lugar: 
Hotel Monumento San Francisco, Santiago de Compostela
Fecha Evento: 
Vie, 24/05/2019 - 09:30
A Dirección Xeral de Saúde Pública está a colaborar no Proxecto RISCAR, que forma parte da convocatoria Interreg V A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020. Trátase dunha iniciativa de colaboración entre as administracións competentes de Portugal, Galicia, Castela e León, Extremadura e Andalucía, xunto coa Universidad de Cádiz, para mellorar a xestión do coñecemento sobre a saúde materno-infantil, procurando a alfabetización en saúde para as familias e a actualización científica dos profesionais sanitarios implicados. No marco do desenvolvemento deste proxecto estanse levando a cabo periodicamente seminarios científicos cos que os socios fomentan a actualización en coñecementos nestas materias para os profesionais da súa comunidade autónoma. Nesta ocasión, Galicia lidera o terceiro seminario que terá lugar en Santiago de Compostela o vindeiro 24 de maio, no Hotel Monumento San Francisco, e tratará sobre a promoción da saúde na infancia.